Nós
Etel Bande
(Garabelos, Ourense.)
O responsable de que todo estea rico rico. Politólogo, gaiteiro, fotógrafo e viaxeiro.
No noso local temos un cartel que di: we speak english, falamos galego e portugués, mluvíme česky a rozumime slovensky, pričamo bosanski, hrvatski i srpski … and we smile
Sí, Etel fala todos eses idiomas!
Licenciado en Ciencias políticas e Graduado en Cooperación Internacional y Comercio Internacional.
O seu blog persoal é etelbande.com.
Palmira Castro
(Sardiñeiro, Fisterra.)
A responsable de imaxinar e crear todo o bonito de etel&pan, da tenda ultramarina. Cuarta xeración da familia Lestón, que rexentan o restaurante centenario máis antigo de Costa da Morte.
Diplomada en Educación Social, compatibiliza etel&pan co seu proxecto persoal de artesanía e educación mimadriña.com.