Felices Cestas 2024

para o nadal e outras ocasións.

100% PRODUTO GALEGO / 100% PEQUENOS PRODUTORES / 100% RIQUIÑO

Na nosa tenda ultramarina podes mercar unha selección de produtos galegos, ecolóxicos, elaborados con agarimo por pequenas empresas amigas: conservas, viños, licores, cervexas artesás, infusións, mel, doces e ata a nosa propia cervexa A Fisterrana.


*Se prefires tamén podemos facer unha cesta personalizada axustándonos os teus gustos e presuposto, visita a nosa Tenda Ultramarina de Sardiñeiro ou solicita o noso catálogo.


Podes comprar ou encargar

  • No Etel&pan de Sardiñeiro

  • No Etel&pan de Fisterra (pechado dende o 19 de novembro)

  • Chamando 0 +34 606216151 ou escribindo por WhatsApp ou no etelandpan@gmail.com e organizámolo para que veñas recollela ou entregala.

Podes engadir unha mensaxe bonita na postal, solicitar factura ou darnos indicacións.


Prefires que a enviemos?

Etel & pan presenta unha ampla variedade de cestas e caixas divertidas e riquiñas, perfectas para agasallar. Todas van preparadas con material de recheo para que cheguen ao seu destino en perfectas condicións e bonitos empaquetados, con lazo, postal e acivro da nosa propia horta.

Envíos nacionais (excepto Baleares e Canarias)

Correos express 6,75 €.

Entrega en domicilio gratuita nos concellos de: Fisterra, Cee, Corcubión, Muxía, Dumbría e Carnota.