Minúscula taberna e tenda ultramarina en Fisterra

Taberna & tenda ultramarina en Fisterra

Comida e bebida riquiña elaborada con produtos artesáns de Galicia

dende 2015

Comidas, ceas e no verán tamén almorzos

Onde estamos

Praza da Constitución, 10. Fisterra

Contacta

Etel 606216152

Local e pedidos 981740640

etelandpan@gmail.com

Non facemos reservas.

Horario


 Tenda Ultramarina

100% produto galego / 100% pequenos produtores / 100% Artesanía de galicia


IMG_20190415_220640_140 (1).jpg

A nosa historia

Etel & pan

Non é un restaurante, nin un café, non é un gastro bar, nin tampouco un wine bar, non é unha casa de petiscos, nin tampouco unha tenda gourmet, máis todo podería ser.

Podería ser máis moderno ou mais tradicional, máis é coma é. Podería ser mais grande, pero é pequeno de máis. Poderían explicarse máis breve, pero así non é.

Etel&pan é un minúsculo espazo que so ten sentido con Etelvino & Palmira e todo o que os rodea:

os produtos de calidade que con amor e coidado se fan nesta terra, o pan, a carne, o queixo, o viño, a cervexa, as conservas, os doces... a súa clientela de tódolos recunchos do mundo, a boa música, a boa conversa, a vida.

Saber máis


Instagram

o día a día, quenes somos, que facemos, quen é a nosa clientela, a veciñanza, a carta, as novidades, que sucede na praza… contámolo aquí


Prensa