A nosa historia de amor

Somos Etel & Palmira

Amamos Galicia, cada recuncho da súa terra e da súa costa, por iso, a miúdo e desde que nos coñecemos, a mellor maneira de gozala é percorrela,cociñar xuntos receitas sinxelas con produtos autóctonos e onde o pan artesán do noso amigo Juan Luís Estévez ten sempre un importante protagonismo. É preparar a nosa cesta de picnic.

Gozar das mellores vistas, descubrir lugares e artesanías bonitas, falar, imaxinar un proxecto posible, crear un espazo acolledor nunha bonita casa, cunha bonita mesa, coñecer a xente de todo o mundo e recomendarlles o noso lugares favoritos para ir de picnic. Así naceu etel&pan.

Así é Etel&pan, parte e reflexo de nós e da nosa propia historia de amor.

Etel&pan é un pequeno local acolledor no fin da terra, situado en pleno camiño de Santiago, nunha estreita casa mariñeira reformada e con chiscadelas á nosa terra e á nosa forma de sentila.


Somos uNha pequena taberna familiar onde poderás beber, comer e cear rico, moi rico!

Somos unha pequena tenda ultramarina coa mellor selección de artesáns, produtores e produtos galegos.


// Benvidas e benvidos a etel&pan, estamos no fin da terra, ao final do camiño.

Etel e Palmira

IMG_20150517_131237098.jpg
DSC6486-1.jpg
Etel palmira 15