






O protagonista da nosa carta. Artesano de masa nai elaborado en Fisterra na Panadería Germán por Juan Luis Estevez.
Traballamos con carne certificada pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia. Cachena e Ovella Galega.
A nosa hamburguesa máis famosa está elaborada con xarda de Fisterra.
De pequena produción e cultivada en Fisterra por pequenos produtores,
Temos a nosa propia cervexa, A Fisterrana e outras bebidas de elaboración propia, tamén zumes, licores e vermús e unha selección de viños galegos
Na nosa tenda ultramarina podes mercar unha selección de produtos galegos, ecolóxicos, elaborados con agarimo por pequenas empresas amigas: conservas, viños, licores, cervexas artesás, infusións, mel, doces e ata a nosa propia cervexa A Fisterrana.
Rúa da Coruña, 46. Sardiñeiro de abaixo.
Teléfono da tenda 722480330
etelandpan@gmail.com
Somos Etel Bande e Palmira Castro, politólogo e educadora social, de Ourense e de Sardiñeiro (Fisterra).
Xuntos dende 2014 e despois de unha cantas voltas profesionais e moitos lugares de residencia decidimos quedar aquí.
Amamos Galicia, por iso, dende que nos coñecemos, a mellor maneira de comprendela e gozala:
é cociñar xuntos
é descubrir produtos e produtores
é preparar a nosa cesta de picnic cun bocadillos ricos
é descubrir lugares, patrimonio e artesanías bonitas,
é sacar fotos, moitas
é falar do futuro, imaxinar un proxecto xuntos, unha familia
é crear un espazo acolledor nunha bonita casa, cunha bonita mesa,
é coñecer a xente de todo o mundo e recomendarlles os nosos lugares favoritos
Así naceu etel&pan en 2015, en Fisterra, ó final do camiño, parte e reflexo de nós e da nosa propia historia de amor.
*Pasaron xa dez anos e agora xa podemos dicir: que pareza bonito e sinxelo non quere dicir que sexa fácil. Etel&pan é posible grazas a nosa enorme capacidade de traballo e amor polo que facemos. Superamos moitas mareas adversas pero mereceu a pena, sempre mereceu a pena loitar polo que un ama e cre.
Se Etel&pan da e permite vivir a nós e o noso equipo, para pagar os nosos provedores e cumprir cas nosas obrigacións consideramos que é un negocio de éxito. Así que estamos orgullosos de cumprir 10 anos de traballo, amor e éxito. Seguimos.
Instagram
o día a día, quenes somos, que facemos, quen é a nosa clientela, a veciñanza, a carta, as novidades, que sucede na praza… contámolo aquí
Prensa